A voda será o día 4 de outubro en Ribadumia. Comezará pasado o mediodía e terminará antes de medianoite, cando teñamos horas exactas avisaremos.



Sobre vestimenta

Vén elegante e cómoda. A voda é tipo cóctel e haberá onde sentar, pero conta con pasar bastante tempo de pé. Se o tempo acompaña farémolo nunha zona verde, ollo cos tacóns. Non imos regalar cubre-tacóns nin bailarinas para despois, trae o que precises se queres cambiarte.

Sobre desprazamento

O sitio ten aparcamento xusto ao lado do lugar de celebración, podes traer o coche tranquilamente. Estamos valorando poñer un autobús dende Vigo. Se che te interesa, avísanos para que o teñamos en conta.

Aínda teño dúbidas!

A ver, que aínda quedan meses... Iremos engadindo máis información segundo se aproxime a data. Se hai algo que che preocupa podes contactar con María ou Suso. Durante este ano e de xeito excepcional Suso ten whatsapp, aproveita!